Xa sabemos da desvergoña dos nacionalista

Opiniones y actualidad, sobre temas generales.

Moderadores: casan, quercus

Xa sabemos da desvergoña dos nacionalista

Notapor adrian nogueiro » Febrero 17th, 2010, 1:38 pm

Estivestes gobernando durante catro anos, e non fixestes absolutamente nada, iso si paseastes a altos cargos a bombo e "prato" pola comarca, cargados sempre de discursos banais e propósitos baldíos (nada se realizou), e cando están na oposición, veña: a incitar á súa bases, sempre dispostos activistas, a distorsionar a realidade e ata a inventarlla cun só obxectivo: alienar ao cidadán, pacífico e sensible á rebaixa das súas expectativas de calidade de vida, para utilizalo a conveniencia electoral.

Todo o mundo sabe que a movida está auspiciada por motivos electoralistas, que a plataforma a conforman e promóvena os dirixentes desa reserva fascista do BNG que coas artes de Josepf Goebbels (ministro de propaganda de Hitler) tratan de reunir a modo de rabaño a todos aqueles incapaces de recoñecer a súa manipulación.

Chámame a atención que o promotor desta área de opinión, titúlea cunha pregunta neutral: ¿Está en perigo o futuro da área sanitaria e do hospital de Monforte?, para a continuación dar por feito a deterioración dos servizos sanitarios que se prestan, co que se está inducindo de modo perverso un pensamento unha opinión que non unha realidade obxectiva.

Non sexamos manipuladores, e recoñezamos que as deficiencias nos servizos sanitarios no Hospital de Monforte teñen soleira, e curiosamente as plataformas e este medio de comunicación que non é inocente, preténdennolo colocar nas proximidades das eleccións que sexa. Está claro que Severino en ausencia de facer algo para o pobo porá en marcha todas as súas facultades prestidigitadoras de manipulación para seguir durmindo na súa cadeira de brazos co seu bo soldo de político, mentres o pobo transita, sen importarlle a ninguén, para converterse en si mesmo nunha residencia da terceira idade.
adrian nogueiro
 
Mensajes: 39
Registrado: Enero 13th, 2009, 9:31 pm

Re: Xa sabemos da desvergoña dos nacionalista

Notapor Sito » Febrero 17th, 2010, 7:13 pm

Independentemente das túas opinions sobre o tema, todos sabemos que non eres Adrian Nogueiro,( eso é doado), asi que rexistrate e opina no teu propio nome.
Saúdos cordiais descoñecido amigo
Sito
 
Mensajes: 5
Registrado: Enero 25th, 2010, 2:59 pm

Re: Xa sabemos da desvergoña dos nacionalista

Notapor adrian nogueiro » Febrero 17th, 2010, 8:04 pm

Claro que si que son o mesmo Adrian Nogueiro o que firma nos foros senon preguntalle o administrador
adrian nogueiro
 
Mensajes: 39
Registrado: Enero 13th, 2009, 9:31 pm


Volver a FORO GENERAL

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 4 invitados

cron