POESIA E VIÑO

Opiniones y actualidad, sobre temas generales.

Moderadores: casan, quercus

POESIA E VIÑO

Notapor casan » Noviembre 7th, 2009, 3:19 pm

               Si o viño ten moito que ver coa cultura dos pobos, non é menos certo de que a cultura tamén está xunguida , case que sempre, ó redor de xuntanzas literarias que teñen para inspiración uns grolos de bos caldos dos  que se cocen e refán nas adegas das nosas ribeiras .

               Para facerlle honra aos viños  chantadeses , o “ Grupo de Poetas da Ribeira Sacra ”  que preside o escritor e poeta Pepe Pol , organiza, na data do domingo que ven ,  día 8 de novembro, as xornadas do “ V ENCONTRO DE POESÍA E VIÑO “ que dará comezo pola mañá cunha ofrenda ó Deus Baco, para de seguido facer unha xira pola ruta de a Compostela do camiño de Senderismo de Inverno, e máis logo, no lugar do Sobrado de San Pedro de Lincora,  ó carón  da adega “TERRAS BENDAÑA” inaugurar unha obra pictórica do recoñecido artista Manuel Zapata, pechando os actos cun xantar de fraternidade nas instalacións da adega, poñéndolle remate ó evento cun  recital  , no que intervirán máis de 20 poetas que forma o Grupo, dedicándolle os seus versos e poemas  ó mundo do viño , ó  arte, e a paisaxe que , nin que dicir ten , nesta bucólica e fermoso paraxe do entorno do Embalse de Belesar, a paisaxe que se divisa,  ten como testemuña deste entrañable evento,  as ribeiras do pai Miño cos seu socalcos de muras de pedra nas pendentes heroicas onde se cultivan variedades autóctonas de uva, tendo por raíña MENCÍA,  en cepas con  recunchos insólitos que lles dan a cor, a aroma e sabor a cereixa intensa con brillantes e reberete púrpura,  toques de fromboesa e mora, potente alcohol, e equilibrado tanino, regusto afroitado que ,   con todo, fan que sexan uns dos máis sabidos  viños da RIBEIRA SACRA , que deixan a boca para relambela e o estómago agradecido para axudarlle a facer de dixestivo .

 E como de poesía e viño se trata ¿qué mellor que  dedicarlle , aquí xa, uns versiños.á RIBEIRA SACRA:

Cañons do Sil , maxestuoso Miño
Gastronomía, ricos manxares
,Vendima, tempo de San Martiño
Néctar Sacro, que saca pesares……Deus Baco, Roma na lembranza
Bancales, monumentos, historia
Ribeira Sacra, muiñeira e danza
Viños Santos, co sabor a Gloria......Mencía , adegas milenárias
Meandros , colleita rigurosa/ Prestixio. uvas de clases varias
Enoloxía, e paisaxe fermosa/ Fan a Ribeira Sacra famosa . .

Germán López Quiroga
casan
 
Mensajes: 332
Registrado: Noviembre 1st, 2008, 1:23 am
Ubicación: Monforte de Lemos

Volver a FORO GENERAL

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 19 invitados

cron