USUARIOS DA PISCINA CLIMATIZADA

Opiniones y actualidad, sobre temas generales.

Moderadores: casan, quercus

USUARIOS DA PISCINA CLIMATIZADA

Notapor mariagamallo » Septiembre 4th, 2009, 10:01 am

bos días. Vendo o movemento deste foro pensei que sería un bó medio para tratar de contactar cos usuarios (socios sobre todo) da piscina climatizada. Xa sabedes que se entregaron preto de 400 firmas para pedir unha mellora xeral no funcionamento das mesmas. E sabedes tamén o que se conseguiu, moi boas palabras e intencions, e 5 bicicletas novas das que dúas estiveron ata hai dous días se poder ser utilizadas, unha porque nunca funcionou e a outra porque ten un pedal que se resiste a estar preso no seu sitio. En fin, que pensamos (eu e os que iniciamos o das firmas, na que despois colaborou moita xente por certo) que para o proximo ano deberíamos de ir ó concello para expoñerlle as melloras que consideramos que se teñan en conta no proximo convenio, fágano con GAIA ou con outra empresa. A intención é pedirlles unha maior implicación e poden comezar cun buzón de suxerencias que vaia directamente á concellalía de deportes. Unha enquisa tampouco estaría mal pero como non a fagamos nos creo que non estan pola labor, xa llo comentamos en varias ocasións. Bueno, que non me extendo mais.... ata saber que se suma á iniciativa. Correde a voz, espero resposta dos socios... hai que deixarse de berrar nos vestiarios e pasar a facer algo XA. Graciñas a todos.
mariagamallo
 
Mensajes: 163
Registrado: Agosto 21st, 2009, 10:22 am

Re: USUARIOS DA PISCINA CLIMATIZADA

Notapor casan » Septiembre 4th, 2009, 8:39 pm

Moi ben, asi me gusta, as críticas en directo e as persoas que poden resolvelas, tes o meu apoio, eu fun socio un tempo, pero pronto deixei de ir porque o ximnasio sempre estaba cheo, bueno non cheo, pero con persoas que collían un apararo e estaban nel moito tempo, o mismo pasaba ca sauna que non funcionaba, non sei si se arranxaron estes problemas, pero o caso e que me cansei de esperar e dinme de baixa.

Unha proposta para quentar a auga da piscina. Porqué non se poñen paneis fotovoltaicos ou incluso poderían ser térmicos, para que no veran non se tirase da enerxía electrica para quentar a auga da piscina, nunca entendín nin entenderei porque non se fan cousas destas que ata costan pouco por estar subvencionadas e que con elas podese aforrar un montón de diñeiro que ben podía ir para esas milloras que propós, alomenos unha boa parte.
casan
 
Mensajes: 332
Registrado: Noviembre 1st, 2008, 1:23 am
Ubicación: Monforte de Lemos

Re: USUARIOS DA PISCINA CLIMATIZADA

Notapor mariagamallo » Septiembre 5th, 2009, 10:33 am

estan nestes intres con obras para enerxia alternativa. Do tema de averías seguimos igual, aparecen prontiño e se resolven en meses..... creo que van polos repostos a china e ademais en bicicleta. en fin, haber se se anima mais xente... despois que non protesten...GRACIAS POLO TEU APOIO.
mariagamallo
 
Mensajes: 163
Registrado: Agosto 21st, 2009, 10:22 am


Volver a FORO GENERAL

¿Quién está conectado?

Usuarios navegando por este Foro: No hay usuarios registrados visitando el Foro y 6 invitados

cron