Página 1 de 1

Julio Padilla e o 125 aniversario da cidade

NotaPublicado: Diciembre 14th, 2010, 8:36 pm
por casan
Julio Padilla ofrecerá este venres unha conferencia do ciclo do 125 aniversario da cidade
Este venres día 17 de decembro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura, terá lugar a penúltima conferencia do ciclo que, con motivo da conmemoración do 125 aniversario da cidade, se ven desenvolvendo dende o pasado mes de agosto.

O monfortino Julio Padilla Carballada, Xefe da Fiscalía do Tribunal Militar Territorial Terceiro de Barcelona e ex Deputado nas Cortes españolas, ofrecerá unha charla baixo o título “Monforte: da revolución industrial á globalización”.

125 ANIVERSARIO DA CIDADE DE MONFORTE DE LEMOS