Página 1 de 1

Panxoliñas dos centros de ensino de Monforte

NotaPublicado: Diciembre 8th, 2010, 3:16 pm
por casan
DÉCIMO SEGUNDA MOSTRA DE PANXOLIÑAS DE CENTROS DE ENSINO DO CONCELLO DE MONFORTE (16 DE DECEMBRO, EDIFICIO MULTIUSOS)

O xoves 16 de decembro ás 18:00 horas terá lugar no Auditorio do Edificio Multiusos a Mostra de Panxoliñas dos Centros de Ensino do Concello de Monforte.

A mostra, que se desenvolve en todas as edicións con grande éxito, chega este ano á súa décimo segunda convocatoria e ten como fin unha vez máis espertar a afección ao canto coral e á música entre os nenos e nenas dos centros de ensino da cidade.