Página 1 de 1

Recollida de voluminosos en Monforte

NotaPublicado: Octubre 3rd, 2010, 10:27 am
por casan
Recollida de voluminosos

A concellería de medio ambiente, dirixida por Antonino Luaces, informa que entrou en servizo un número de teléfono gratuíto para solicitar a recollida de voluminosos nos fogares dos veciños e veciñas.

Ata o de agora era práctica habitual dirixirse ó Concello para comunicar a necesidade deste tipo de recollida que afecta a mobles, electrodomésticos, colchóns, e outro tipo de enseres voluminosos que se atopan nas vivendas particulares. De agora en diante, os veciños e veciñas que desexen desfacerse correctamente deste tipo de enseres deberán chamar ó número de teléfono 900 101 390.

A chamada a este número non terá ningún custo para a cidadanía.

Lembramos que este é un servizo que está a disposición, única e exclusivamente, dos particulares, e que o mesmo non pode ser utilizado por empresas ou comercios.